martes, 2 de abril de 2024

martes, 12 de marzo de 2024

Encontro literario con Pere Tobaruela.

O vindeiro martes, 19 de marzo, teremos un encontro na biblioteca co escritor Pere Tobaruela, para falar sobre "Formigas". 




 

mércores, 28 de febreiro de 2024

sábado, 24 de febreiro de 2024

Contacontos con David Rodríguez.

 O vindeiro luns 26 de febreiro ás 11 horas temos a sorte de ter na nosa biblioteca a David Rodríguez, que nos contará uns contos acompañado da súa guitarra. 





Día de Rosalía de Castro. 23 de febreiro.

Como xa sabedes, o 23 de febreiro é o día de Rosalía de Castro, data na que se conmemora o seu nacemento. Nas aulas de Infantil aprenderon e cantaron a cantiga "O Moucho" de Migallas, composta coa letra dun poema de Rosalía de Castro. 




Tamén fixeron esta manualidade, mirade que bonitas lles quedaron as pulseiras!

luns, 22 de xaneiro de 2024

Recursos para o Día Escolar da Non Violencia e a Paz: Wangari Maathai.

 Deixamos a continuación unha recopilación de recursos dixitais para traballar sobre a figura á que lle dedicamos este ano o Día Escolar da Non Violencia e a Paz en Zalaeta: Wangari Maathai. Agardamos que poidan ser de utilidade. 



Día Escolar da Non Violencia e a Paz: 30 de Xaneiro.

 Este ano en Zalaeta imos celebrar o Día Escolar da Non Violencia e a Paz dedicándollo a Wangari Maathai

Wangari Maathai foi a primeira persoa africana en recibir o Premio Nobel da Paz en 2004 pola "súa contribución ao desenvolvemento sostible, a democracia e a paz".

Decidimos centrarnos este ano nesta persoa, xa que nos interesa a súa faceta como defensora do medio ambiente, ao estar vinculada co noso PDI deste ano sobre a horta. Neste sentido, Wangari Maathai fundou o "Movemento Cinturón Verde" no seu país, Kenia, e impulsou varios programas en diversos países africanos para loitar contra a desertificación, a deforestación, a crise da auga e a fame. 





martes, 19 de decembro de 2023

Recomendacións de libros para o Nadal.

Dende o equipo de biblioteca querémosvos facer unhas recomendacións de libros para estas datas e aproveitamos para desexarvos a tod@s un moi BO NADAL!